26 de abril de 2024

Liga e Xogade

Este sábado teremos o último dos Sábados de Liga de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

A Liga Galega de Xadrez toca ao seu fin, con moitos dos xogadores que veñen pola escola de xadrez dos Rosales xogándose os primeiros postos.

Estaremos na sala dende as 16,00 horas.

Por outra banda o sábado pasado tivo lugar en Carballo a fase intercomarcal do Xogade, na que estiveron presentes moitos dos xogadores que participan nas actividades dos "Martes de Xadrez". Especialmente presentes nos equipos CIDU e XDM en categoría infantil pero tamén noutras categorías como no Smyslov e TDFC.

Noraboa a todos por estar presentes nesa fase e especialmente ao CIDU INFANTIL, que se clasificou para a fase provincial en Santiago, como campión.


6 de febreiro de 2024

Última rolda do Torneo de Lentas

Hoxe ás 19,00 temos a última das partidas do torneo amigable de adestramento para a Liga.

Chega no primeiro posto Roberto Serrano, do CIDU.

Lembramos que poden participar todos os interesados, sendo unha actividade de balde que conta co apoio da Deputación da Coruña.

20 de xaneiro de 2024

Entroido Lúdico

Na zona do entroido máis intenso en Ourense xa están inmersos no calendario anual do entroido que dura un mes. Nos mais modestos agardaremos ás datas mais salientables para o noso Entroido Lúdico.

Por agora andamos iniciando o calendario, que incluirá de novo o Torneo de Entroido de Xadrez.

E se tes algunha iniciativa, estamos abertos a suxerencias.